Tuesday 14 de May de 2024

O alumnado de vento e metal da ESMU Magariños dará mañá mércores un concerto gratuíto na sala de exposicións de Brión


O alumnado de vento-metal, saxofón, percusión, clarinete e gaita da Escola Municipal de Música (ESMU) Magariños de Brión ofrecerá mañá mércores 31 de maio, ás 20:00 horas, un concerto gratuíto na sala municipal de exposicións de Brión. A actuación, incluída no XIII Festival de Primavera, é de entrada libre e de balde.

Para o xoves 1 de xuño, ás 20:00 horas, está prevista a actuación das agrupacións instrumentais e corais da ESMU Magariños; mentres que o venres 2 de xuño, ás 20.30 horas, a Banda de Música Magariños, integrada por alumnos e alumnas de todas as idades, pechará o XIII Festival de Primavera da ESMU Magariños de Brión. Ambas actuacións terán lugar no auditorio do centro social polivalente brionés.